No DOG do 01/07/2021 publican diversos acordos do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019.

Entre outros acordos, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente.