No DOG do 02/07/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde de 4 de novembro de 2019.

Entre outros, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio.