No DOG do 12/07/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, na totalidade das quendas, no corpo facultativo de grao medio, escala de servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2.

Entre outros acordos, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.