No DOG do 13/07/2021 publican a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2021.

Terá lugar o día 15 de xullo de 2021, ás 16.00 horas, no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.