No DOG do 13/07/2021 nomean como persoal funcionario de carreira:

- do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

- do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG número 106, do 5 de xuño)

-  do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

- do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

- do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG número 106, do 5 de xuño)

- do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refiren os anexos deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día 19 de xullo de 2021.