No DOG do 16/07/2021 publican o ACORDO do 13 de xullo de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo agrupacións profesionais, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 e para unha persoa aspirante que non puido comparecer por parto.

Terá luTgar o día 21 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.