No DOG do 28/07/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

Entre outros acordos, anulan varias preguntas.

Feita a corrección en sesión do 14 de xullo de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 23 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superasen o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente.