No DOG do 28/07/2021 publican varios acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

Entre outros acordos, anulan unha pregunta.

Feita a corrección acadaron a puntuación mínima de 15 puntos 129 aspirantes.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galiza, subgrupo A2, no portal web corporativo da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.