No DOG do 30/07/2021 publican diversos acordos, entre os que están as puntuacións obtidas polas persoas que superaron o primeiro exercicio, en relación a:

- o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019

- proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019