No DOG do 01/09/2021 publican a RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Declaran aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 30 de abril de 2021, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 86, do 7 de maio).

Propoñen as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.