No DOG do 17/09/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de setembro de 2021, ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

- ACORDO do 31 de agosto de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 28 de setembro de 2021, en horario de chamamento ás 16.30 e 16.45 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda, Recinto Feiral s/n, 36540 Silleda.  

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de setembro de 2021, ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

- ACORDO do 31 de agosto de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 28 de setembro de 2021, en horario de chamamento ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda, Recinto Feiral s/n, 36540 Silleda.