No DOG do 22/09/2021 publican a RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

Desestiman todas as reclamacións e alegacións presentadas. Superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. 

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galiza, subgrupo C1, no portal web corporativo da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Segundo a base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.