No DOG do 28/09/2021 publican o ACORDO do 16 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Entre outros acordos anulan unha pregunta e modifican outras respostas e publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 3 de xullo de 2020, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo.

De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.