No DOG do 01/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019.

Con datas do 7 e do 15 de xullo e do 13 de setembro reuniuse para examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas no DOG do 18 de xuño. A resposta a cada unha notificouse, de xeito individualizado, a cada opositor/a, sendo unhas estimadas e outras desestimadas. Feita unha nova corrección respecto de cinco aspirantes, todos eles ven incrementada a súa puntuación e dous pasan a superar o exercicio.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal