No DOG do 01/10/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 20 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 30 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.