No DOG DO 04/10/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG número 201, do 5 de outubro) para cualificar o proceso selectivo de ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

Convocan para a realización do segundo exercicio da fase de oposición a persoa aspirante que se relaciona. Terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 7 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Convocan para a realización do segundo exercicio da fase de oposición a persoa aspirante que se relaciona. Terá lugar na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 7 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.