No DOG do 04/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Rectifican e publican a resolución deste tribunal do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xullo) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación inferior a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publican a relación das persoas aspirantes presentadas que non conseguiron os mínimos establecidos na base I.1.1.1 da convocatoria.