No DOG do 05/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre os listados de puntuacións publicados por Resolución do 15 de xullo de 2021 (DOG núm. 143, do 28 de xullo) e feita unha nova corrección respecto de tres aspirantes, dous deles ven incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal