No DOG do 06/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicados pola Resolución do 4 de xuño de 2021 (DOG núm. 116, do 21 de xuño) e feita unha nova corrección respecto de once aspirantes, dous deles ven incrementada a súa puntuación, que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal