No DOG do 15/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Resolven reclamacións e unha vez feita a corrección dos exames, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 27 aspirantes, e fixouse en 30 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación. Unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria, acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estaren en posesión do Celga 2 ou o equivalente.