No DOG do 18/10/2021 publican:

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 30 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 30 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.