No DOG do 19/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/ as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.2 da convocatoria. As puntuacións acadadas constan no anexo I.