No DOG do 02/12/2021 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (DOG número 148, do 24 de xullo).

Desestiman as reclamacións presentadas contra as preguntas do segundo exercicio, establecen os criterios de valoración e publican no portal web do Consello de Contas de Galiza (https://www.ccontasgalicia.es/gl/content/taboleiro-de-novas-de-procesos-selectivos) as puntuacións obtidas polas persoas que se presentaron ao segundo exercicio.

De acordo co disposto na base II.1.2.9 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde a publicación no DOG desta resolución pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio.

Segundo a base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas que superaron o segundo exercicio, para os efectos de estar exentas de realizar o terceiro exercicio, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para acreditaren que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude de participación no proceso selectivo, posuían o Celga 3 ou equivalente.