No DOG do 03/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publican a cualificación das persoas aspirantes convocadas.