No DOG do 18/11/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro); e para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), e para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Publican como anexos as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.