No DOG do 21/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 15 de abril de 2021, publicada no DOG número 76, do 23 de abril.

Publican, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación.

Elevan a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.