No DOG do 10/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron este exame correspondente ao segundo exercicio da especialidade de seguridade no traballo, que tivo lugar o día 28.11.2022, do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1 escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.