No DOG do 05/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Publican a cualificación obtida pola persoa aspirante presentada o 27 de marzo de 2023 ao terceiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal