No DOG do día 10 de maio publican a RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas clases de ATS/DUE e inspector/a médico/a persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021, modificada pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

Pódese consultar tamén a relación de persoas aspirantes exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega.

As listas poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.