No DOG do 15/05/2023 a Fundación Galiza Europa publica:

- RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023 pola que se convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

-EXTRACTO da Resolución do 3 de maio de 2023 pola que se convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, anexos I e II, será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.