No DOG do 16/05/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se nomean como persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Nomean persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, as cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, así como adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez realizada a elección de destino en prácticas efectuada consonte a Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

- RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se regula o período de prácticas das cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

O período de prácticas comezará o día 22 de maio de 2023, día en que deberá tomar posesión e desenvolver as tarefas propias da praza adxudicada como consecuencia da elección de destino e, simultaneamente, comezará o curso selectivo. Este curso, segundo o disposto na base III.2 da convocatoria do proceso selectivo, terá unha duración máxima dun (1) mes.

O curso selectivo e a prestación de servizos como persoal funcionario en prácticas desenvolveranse de luns a venres, dentro do período comprendido entre as 7.45 e 15.15 horas, no destino resultante da elección de destino en prácticas establecido pola Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

O curso selectivo deberá realizarse nas primeiras catro (4) horas diarias dentro do horario laboral.