No DOG do 31/05/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 6, 7 e 11 e na sala anexa da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de dominio público hidráulico, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG número 121, do 27 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG número 121, do 27 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 9 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.