No DOG do 05/06/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.