No DOG do 05/06/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 13 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 26 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.