No DOG do 06/06/2023 publican a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Por mor da estimación de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 3 de marzo de 2023 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), con relación ás puntuacións das aspirantes afectadas, da quenda de acceso libre.

En consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo destas aspirantes, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 15 de marzo de 2023 (DOG núm. 59, do 24 de marzo), con corrección de erros no DOG núm. 65, do 3 de abril, en relación coa orde de prelación das aspirantes afectadas e renumerar a relación de persoas aprobadas, tal e como se publica no cadro anexo.