No DOG do 06/06/2023 a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir tres prazas de persoal.

Prazas: (3) técnicos/as superiores de proxecto (referencias: PCCC-23-TSP2; PCCC-23-TSP3 e PCCC-23-TSP4). Proxecto que se vai desenvolver: Programa complementario de comunicacións cuánticas.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de catorce (14) días naturais, contados desde o día laborable seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.