No DOG do 14/06/2023 publican a RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 2 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda.