No DOG do 07/07/2023 publican:

- ACORDO do 29 de xuño de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Declaran aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 9 de maio de 2023 da Consellaría de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 93, do 16 de maio).

Propoñen ás persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro deste acordo para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, de cinco persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.