No DOG do 14/07/2023 a Axencia Galega de Innovación publica a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se convocan tres postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.