No DOG do 14/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública, como anexo I a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2.5 da convocatoria.