No DOG do 19/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado por Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de concursooposición do proceso selectivo.

Publican, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na letra d).

Elevan a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.