No DOG do 01/08/2023 publican a RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG número 39, do 25 de febreiro).

Nomean persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 3 de outubro de 2023.