No DOG do 02/08/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que que se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 19 de setembro de 2023.

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 3 de outubro de 2023.