No DOG do 18/09/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arqueólogos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 21 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas)

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.