No DOG do 18/09/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira.

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.