No DOG do 19/09/2023 publican a RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG número 121, do 27 de xuño) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 29 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.