No DOG do 20/09/2023 publican a RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 25 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.