No DOG do 29/09/2023 publican a RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo agrupacións profesionais).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas con indicación, de ser o caso, da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal