No DOG do 06/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade medicina (DOG número 245, do 27 de decembro de 2022) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de outubro de 2023, ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).