No DOG do 09/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se lles adxudica destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016; no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018; e no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.

Adxudícanlles con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución.

O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 9 de outubro de 2023.